Tuesday 17 de September de 2024

Martin Kohlstedt e Leticia Rey Quintet esgotan os convites para as súas actuacións na primeira xornada musical do Festival Noroeste Estrella Galicia


Trio da Kali e José Ignacio Lapido, que tamén actuarán o xoves no Castelo de San Antón, están próximos a esgotar os pases gratuítos

Martha High, Travis Birds ou Salif Keita son outros dos grandes artistas deste mércores

A 37ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia iniciará este mércores a súa primeira xornada musical con grande éxito, esgotando as invitacións para o concerto de Martin Kohlstedt en menos de dúas horas. Este concerto terá lugar no Castelo de San Antón, un escenario único que xa é un habitual deste festival. O Goberno de Inés Rey continúa a apostar por un Noroeste con diferentes escenarios e estilos musicais, que busca referentes internacionais e nacionais á vez que promove artistas emerxentes galegos.

Aínda que as invitacións para Martin Kohlstedt se esgotaron rapidamente, os interesados teñen a oportunidade de conseguir as últimas dispoñibles para os concertos de Leticia Rey Quintet, Trio da Kali e José Ignacio Lapido. Estas poden conseguirse presencialmente na Praza de Ourense, en horario de 11.00 a 15.00h e de 16.30 a 19.30 horas, ou ben en liña a través de Ataquilla.

A programación deste mércores incluirá un total de trece concertos distribuídos en catro localizacións distintas. Lura, Salif Keita e Terrae actuarán en Santa Margarida, mentres que Hormigonera, Tiburona, Zënzar e Meu farán o propio en Campo da Leña. A Praza da Azcárraga será o escenario para Travis Birds, Patax, Ife Ogunjobi e Martha High. Finalmente, o Castelo de San Antón acollerá a Leticia Rey Quintet e Martin Kohlstedt.

As artes escénicas seguirán tendo un papel destacado no festival con ‘Contos ao Noroeste’ con Bea Campos na Praza das Bárbaras e ‘Noroestiño’ con Pakolas nos Xardíns de Méndez Núñez.
Mercado de Discos do Noroeste

Por terceiro ano consecutivo, celebrarase o Mercado de Discos do Noroeste, co obxectivo de establecer un punto de encontro musical en A Coruña. Este evento reunirá a coleccionistas, expositores, selos e distribuidoras de soportes fonográficos, incluíndo vinilos e CDs. Haberá máis de 20.000 unidades dispoñibles, entre LPs, CDs, singles e maxisingles, incluíndo discografías completas de algúns artistas, edicións descatalogadas, reedicións e ofertas de case todos os estilos. Tamén haberá unha destacada presenza de discos publicados por selos e editoriais galegas.

O acceso será libre para todos os públicos durante os días 9, 10 e 11 de agosto. O mercado, organizado novamente por Nonito Pereira, celebrarase na súa tenda da rúa Real. O horario será o seguinte: venres de 17.00 a 20.00 horas, e sábado e domingo de 11.00 a 20.00 horas. Como novidade, este ano por primeira vez poñeranse á venda tocadiscos, amplificadores e altavoces de segunda man.
Ademais, poderase disfrutar das seguintes actividades:
● Exposición fotográfica “1000 +30” – Concerto dos mil anos.
● Audición do disco ‘Casanova de Eiris’ comentada por Nonito Pereira Rey. Programación completa por días
Mércores 7
Concertos:
13:00h – Hormigonera (Campo da Leña)
14:00h – Travis Birds (Praza da Azcárraga)
19:30h – Leticia Rey Quintet (Castelo de San Antón)
20:00h – Patax (Praza da Azcárraga)
20:30h – Tiburona (Campo da Leña)
21:00h – Martin Kohlstedt (Castelo de San Antón)
21:00h – Lura (Santa Margarida)
22:00h – Zënzar (Campo da Leña)
22:30h – Ife Ogunjobi (Praza da Azcárraga)
22:45h – Salif Keita (Santa Margarida)
23:30h – Meu (Campo da Leña)
00:30h – Terrae (Santa Margarida)
00:30h – Martha High (Praza da Azcárraga)
Contos ao Noroeste:
19:00h – Bea Campos (Praza das Bárbaras)
Noroestiño:
19:00h – Pakolas (Xardíns de Méndez Núñez)
Xoves 8
Concertos:
13:00h – Lemot (Campo da Leña)
14:00h – Garufa Blue Devils Big Band (Praza da Azcárraga)
19:30h – Trío da Kali (Castelo de San Antón)
20:00h – Virgina Red (Praza da Azcárraga)
20:30h – Zalomon Grass (Campo da Leña)
21:00h – Lapido (Castelo de San Antón)
21:00h – Caamaño&Ameixeiras (Santa Margarida)
22:00h – Kamikaze Helmets (Campo da Leña)
22:30h – Imägo (Praza da Azcárraga)
22:45h – Bcuc (Santa Margarida)
23:30h – Repion (Campo da Leña)
00:30h – Chambao (Santa Margarida)
00:30h – Soul Teller + The Soul & Love Band (Praza da Azcárraga)
Contos ao Noroeste:
19:00h – Pepo Suevos (Praza de Pontevedra)
Noroestiño:
19:00h – Paco Nogueiras (Xardíns de Méndez Núñez)
Vernes 9
Concertos (Praia de Riazor):
21:15h – Fillas de Cassandra
22:30h – Xoel López
00:30h – Crystal Fighters
Contos ao Noroeste:
19:00h – Atenea García (Praza de Vigo)
Noroestiño:
19:00h – Os Monifates (Xardíns de Méndez Núñez)
Sábado 10
Concertos (Praia de Riazor):
21:00h – Triángulo de Amor Bizarro
23:00h – Vetusta Morla
01:00h – The Rapants
Contos ao Noroeste:
13:00h – Leti da Taberna (Praza do Humor)
19:00h – Celso Sanmartín (Praza das Bárbaras)
Noroestiño:
19:00h – Fran Amil (Xardíns de Méndez Núñez)
Domingo 11
Contos ao Noroeste:
13:00h – Marita Martínez (Praza de Pontevedra)
20:00h – Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo, Lucía Veiga (Santa Margarida)
Noroestiño:
13:00h – Magín Blanco e a Banda das Apertas (Xardíns de Méndez Núñez) 6